O marco de políticas territoriais e do medio rural dentro da UE tales coma o New Green Deal e a Estratexia Forestal ofrecen unha oportunidade única de servir como catalizadores para resolver os desafíos que dificultan o abastecemento sostible de servizos ecosistémicos forestais. Así se afirma no artigo recentemente publicado en Sustainability Science no que temos colaborado cun excelente grupo disciplinar, liderado por Mario Torralba e Mónica Hernández-Morcillo. Nel móstrase o resultado da procura dos retos máis urxentes en todas as áreas de sustentabilidade, ofrecendo ademáis un conxunto de solucións prioritarias para cada un dos desafíos atopados.
As conclusións do estudio apuntan a que, do mesmo xeito que os obstáculos avaliados inflúen mutuamente, as solucións estratéxicas pódense utilizar de forma sinerxética. Porén, un cambio de paradigma é preciso para integrar valores pluralistas dos bosques dun xeito máis equilibrado, de forma que sustente o resto das solucións estratéxicas. Ademáis, a priorización do aumento da resiliencia dos bosques mediante enfoques integrados da paisaxe seguido de estratexias que promovan procesos de decisión coordinados, inclusivos e transparentes sería necesaria. As seguintes estratexias centraríanse en permitir que as condicións biofísicas do bosque apoien o abastecemento equilibrado de servizos ecosistémicos forestais, ao tempo que reforzan o tecido social da gobernanza forestal para facelo máis cohesionado. Finalmente, os mecanismos baseados en incentivos poderían, dependendo do contexto local, promover unha xestión que reforce a oferta sustentable de múltiples servizos de ecosistemas por parte dos bosques e áreas forestais.
Podedes acceder ó artigo, publicado en aberto, a través desta ligazón.
Comments