top of page
Buscar

Nova tese!

compasses0

O pasado venres, 8 de xullo, tivo lugar na Escuela Politécnica de Mieres (Universidad de Oviedo) a defensa da tese de doutoramento feita por Jose Carlos Pérez Girón titulada "Primary production indicators to analyse the relationship among species, landscapes and ecosystems in a global change context". A tese, que tiven o pracer de co-dirixir xunto co profesor Pedro Álvarez, da mencionada institución, centrase distribución espacial da produción primaria asociados a especies tales como o castaño (Castanea sativa) e a súa sensibilidade ó cambio climático, os mecanismos adaptativos en ecosistemas nos que a sobreira (Quercus suber) e unha especie arbórea predominante (ver esta entrada do blog), ou a dependencia que especies animais como o oso parto cantábrico (Ursus arctos) pode ter con especies como o castaño ou o roble (Quecus petraea e Q. robur) en épocas de hiperfagia.



O desenvolvemento da tese ten contado con colaboracións como a dos investigadores Domingos Mendes, da Universidade de Tras-dos-Montes e Alto Douro (UTAD), Orencio Hernández, da Dirección General del Medio Natural y Planificación Rural do Principado de Asturias, Fernando Ballesteros, da Fundación Oso Pardo, ou José V. López-Bao, do Instituto Mixto de Investigación en Biodiversidad (IMIB) da Universidad de Oviedo. No tribunal contouse coa presencia dos profesores Elías Afif-Khouri, da Universidad de Oviedo, Patricia Mateo, do IMIB, Ramón Díaz, da Universidade de Santiago de Compostela, Fernando Castedo, da Universidade de León, e Brian Tobin, da University College Dublin.


O traballo desenvolvido ó longo do periodo de doutoramento ten dado como resultado tres artigos científicos xa publicados - dos que deixo as referencias máis abaixo, por se fosen de interese 😉


Noraboa ó novo doutor!!!


Pérez-Girón, J. C., Álvarez-Álvarez, P., Díaz-Varela, E. R., & Mendes Lopes, D. M. (2020). Influence of climate variations on primary production indicators and on the resilience of forest ecosystems in a future scenario of climate change: Application to sweet chestnut agroforestry systems in the Iberian Peninsula. Ecological Indicators, 113, 106199. https://doi.org/10.1016/j.ecolind.2020.106199

Pérez-Girón, J. C., Díaz-Varela, E. R., & Álvarez-Álvarez, P. (2022). Climate-driven variations in productivity reveal adaptive strategies in Iberian cork oak agroforestry systems. Forest Ecosystems, 9, 100008. https://doi.org/10.1016/j.fecs.2022.100008

Pérez-Girón, J. C., Díaz-Varela, E. R., Álvarez-Álvarez, P., Hernández Palacios, O., Ballesteros, F., & López-Bao, J. V. (2022). Linking landscape structure and vegetation productivity with nut consumption by the Cantabrian brown bear during hyperphagia. Science of The Total Environment, 813, 152610. https://doi.org/10.1016/j.scitotenv.2021.152610





 
 
 

Comments


Publicar: Blog2_Post
  • Instagram
  • Twitter

©2022 por COMPASSES. Creada con Wix.com

bottom of page