top of page
Buscar
  • compasses0

Presentan as sobreiras (Quercus suber) capacidade adaptativa ante as variacións climáticas?

No artigo recentemente publicado no journal "Forest Ecosystems", liderado por Jose Carlos Pérez Girón, móstrase como nos sistemas agroforestais de sobreiras pódense atopar respostas ás variacións climáticas aos indicadores de produción primaria baseadas nas diferentes densidades, que suxiren que a cobertura da copa e, polo tanto, a densidade das árbores xogan un papel fundamental na capacidade de adaptación a condicións climáticas diversas.


Exemplar de sobreira típicamente xestionado para a produción de cortiza en Portugal. Imaxe de Miguel Porto, en flora-on.pt (CC BY-NC 4.0)
Exemplar de sobreira típicamente xestionado para a produción de cortiza en Portugal. Imaxe de Miguel Porto, en flora-on.pt (CC BY-NC 4.0)

Así, os ecosistemas forestais pechados poden manter condicións microclimáticas que os fan menos dependentes das condicións ambientais, mentres que as parcelas de sistemas agroforestais máis abertos (é dicir, con densidades máis baixas) dependen das condicións macroclimáticas. Polo tanto, dentro dun mesmo ecosistema, a resposta ao cambio climático pode variar dependendo da densidade das árbores.

Este tipo de achádegos son de importancia fundamental para ter en conta a estrutura e dinámica dos ecosistemas forestais na adaptación ó cambio climático.

Accede á nosa sección de "Publicacións" para máis información sobre este e outros artigos da nosa rede.

8 visualizaciones0 comentarios

Comments


Publicar: Blog2_Post
bottom of page