top of page
Buscar
  • compasses0

Tomar decisións sobre o deseño de corredores ecolóxicos...

...é unha tarefa complexa que en moitos casos require unha alta calidade dos datos sobre especies de flora e fauna, e un coñecemento experto por parte das persoas implicadas na toma de decisións. Esto é especialmnte importante se se quere integrar o movemento das especies silvestres para o deseño dos corredores - é dicir, a compoñente funcional da conectividade ecolóxica. Malia esta complexidade, no desenvolvemento de instrumentos de planificación espacial tanto integrada como sectorial, e en diferentes ámbitos, deben adoptarse criterios de deseño para corredores ecolóxicos para os que o equipo de traballo non ten un elevado nivel de información, polo que existe unha necesidade de integrar o coñecemento xa existente con metodoloxías de análise adaptadas a sistemas de xestión específicos. Nun traballo liderado pola investigadora Rocío Losada Iglesias (LaboraTe, USC), no ámbito da súa tese de doutoramento e recentemente publicado, desenvólvese un Sistema de Axuda á Decisión Espacial (ou Spatial Decision Support System, SDSS) que pode axudar a propoñer áreas cun elevado potencial para funcionar como corredores ecolóxicos, co fin de incluir estes en instrumentos de planificación que impliquen a súa integración como elementos de Infraestrutura Verde.

O estudo parte das asuncións previas de a) restrición de tempo e recursos; b) deseño baseado na conectividade ecolóxica entre zonas de alto interese ecolóxico (p.ex. ZEC da Rede Natura 2000); c) definición da conectividade para tipos específicos de movemento da fauna; e d) deseño no ámbito da planificación espacial (é dicir, non está orientada ó incremento do coñecemento científico de especies de flora ou fauna). Está, ademáis, desenvolvido de forma específica para Galicia, e emprega datos dispoñibles públicamente. A pesar das limitacions asociadas as restricións previamente definidas, considerase que o sistema podería servir para unha definición básica ou preliminar de corredores ecolóxicos como elementos de IV. O artigo, de acceso aberto, desenvolveuse no marco dos proxectos Inverclima e Climaplan para mellorar a planificación territorial da Infraestrutura Verde, e adaptarse así ao cambio climático.

Accede á nosa sección de "Publicacións" para máis información sobre este e outros artigos da nosa rede.





12 visualizaciones0 comentarios

Comments


Publicar: Blog2_Post
bottom of page