VISIÓN
O grupo de investigación COMPASSES ten como metas fundamentais concibir, desenvolver e avaliar metodoloxías e instrumentos de análise, planificación e xestión orientados á mellora da sostibilidade e resiliencia en sistemas socio-ecolóxicos (incluíndo territorios rurais e urbanos, paisaxes, comunidades, organizacións, etc.), partindo das ciencias da complexidade como base teórica científico-técnica.
Especificamente, COMPASSES procura unha nova interpretación dos modelos e orientacións da planificación e xestión desde unha perspectiva sistémica, que de prioridade á integración e estudo da complexidade inherente ao obxecto da planificación, a súa capacidade dinámica e evolutiva, e a confluencia no mesmo de factores sociais e naturais, co fin de contribuír ao deseño de estratexias de planificación e xestión capaces de confrontar dita complexidade, e a un tempo, adecuarse ás necesidades das sociedades actuais e futuras.
A aproximación realizase, por parte das ciencias da complexidade, desde a interpretación dos Sistemas Socio-Ecolóxicos (‘Social-Ecological Systems’: SES) como Sistemas Adaptativos Complexos (‘Complex Adaptive Systems’: CAS); e por parte as teorías da planificación, desde a exploración novas perspectivas sistémicas tales como a Xestión Adaptativa (‘Adaptive Management’), a Planificación Baseada no Desempeño (‘Performance-Based-Planning’), ou os Métodos de Estruturación de Problemas (‘Problem Structuring Methods’), entre outras.
Desde COMPASSES, querese explorar as posibilidades de integración dos devanditos modelos en diferentes escalas e ámbitos xeográficos e organizativos, e a súa aplicación dende diferentes perspectivas coma a ecoloxía da paisaxe, a ordenación territorial ou a dirección de proxectos.