Tomar decisións sobre o deseño de corredores ecolóxicos...
BENVIDA
Dámosche a benvida á páxina web do Grupo de Investigación 2182 – COMPASSES (Planificación e Xestión en Sistemas Socio-Ecolóxicos Adaptativos Complexos), un grupo no que pretendemos estudar as relacións entre as compoñentes de territorios, sociedades e organizacións, partindo do recoñecemento das súas complexidades e carácter dinámico, e coa meta de mellorar a comprensión das súas formas presentes para así definir posibilidades de mellora para o seu futuro.
Estimulada a túa curiosidade? Mira a través dos nosos ollos, coñece as nosas liñas de investigación, e date unha volta polo noso blog para saber dos nosos intereses; pásate polas nosas publicacións ou dalle unha ollada os nosos proxectos para saber en qué andamos traballando; ou coñece persoalmente ó noso equipo.
COMPASSES é un grupo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), con sede na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, no Campus Terra (Lugo), e vinculado ó Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría.
Accede dende aquí a páxina web institucional de COMPASSES
Consulta a información do Grupo de Investigación 2182-COMPASSES no Portal de Investigación da USC.
COMPASSES
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Universidade de Santiago de Compostela
Benigno Ledo s/n - Campus Universitario
27002 - Lugo (Galicia, España)