top of page

LIÑAS DE INVESTIGACIÓN

ANÁLISE ESPACIAL DE PATRÓNS COMPLEXOS CON SISTEMAS DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICA (SIX)

O desenvolvemento e mellora dos métodos de análise de patróns mediante os SIX permite a comparación entre diferentes sistemas, en termos da súa estrutura e dinámicas, seguindo metodoloxías de análise ligadas á disciplina da ecoloxía da paisaxe, e ampliando a devandita análise a través de aproximacións derivadas de disciplinas como a física da entropía e a teoría da información que permitan a caracterización das sinaturas espaciais, temporais, espazo-temporais ou estruturais dos ecosistemas e os territorios

[Imaxe: Díaz-Varela et al., 2016 - A análise multiescala de tres paisaxes diferentes mostran como a heteroxenendade, representada polo Índice de Entropía Cuadrática, mostra valores diferentes en función da escala]

QuadraticEntropy.png

IDENTIFICACIÓN, ANÁLISE E MODELADO DA COMPLEXIDADE EN SISTEMAS SOCIO-ECOLÓXICOS (INCLUINDO TERRITORIOS RURAIS E URBANOS, PAISAXES, COMUNIDADES E ORGANIZACIÓNS)

Dada a dificultade de predicir con precisión o comportamento dos sistemas socio-ecolóxicos adaptativos complexos, é preciso recorrer ao emprego de modelos para definir os posibles escenarios de evolución futura, cuxos resultados serán de utilidade para incrementar a capacidade de adaptación das propostas de planificación e xestión. Adoptarase para elo unha perspectiva de modelos múltiples, na que se explore o emprego de aqueles modelos e combinacións dos mesmos que mellor se adapten a cada caso, incluindo modelos neutrais, estatística espacial e non espacial, análise de redes sociais, modelos baseados en axentes, etc.

[Imaxe: Díaz-Varela et al., 2019 p. 85 - Hábitats prioritarios como brezais húmidos e turbeiras son analizados nun modelo conceptual definindo as súas posibles traxectorias en función da actuación de forzas estabilizadoras/desestabilizadoras no sistema socio-ecolóxico]

Diapositiva1.PNG

PLANIFICACIÓN ECOLÓXICA DA PAISAXE E DOS SERVIZOS DOS ECOSISTEMAS

COMPASSES pretende desenvolver novas conceptualizacións para organizacións, sociedades, territorios e paisaxes, enfocando ós mesmos como sistemas socio-ecolóxicos adaptativos complexos, de forma que a mellora na súa comprensión permita buscar mellores alternativas aos déficits actuais na planificación e a xestión.

[Imaxe: Díaz-Varela, E., 2005. Zonificación con criterios dinámicos, que permitirían guiar a evolución de zonas de transición (2, 3) cara a ecosistemas de bosque autóctono (1a) combinados con brezais (1b) constituindo elementos de estabilidade ecolóxica protexendo ecosistemas fluviais vulnerables (6), e compensando áreas máis intensificadas (7)]

Diapositiva7.PNG

DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE E RESILIENCIA EN ÁREAS RURAIS E URBANAS

Unha consecuencia natural das liñas de investigación anteriores é a súa proxección cara á capacidade de resiliencia dos sistemas socio-ecolóxicos, o que ten implicacións directas sobre o desenvolvemento sostible. Incluiríase aquí a análise da capacidade de cambio transformador a diferentes niveis que as diferentes aproximacións á planificación e xestión teñen sobre os sistemas.

[Imaxe: Díaz-Varela et al., 2019  Perspectivas de desenvolvemento socio-económico ligadas a elementos de infraestructura verde en áreas urbanas e sub-urbanas. (ver tamén Díaz-Varela et al., 2021, en Nishi et al (coord.) p. 133)]

Diapositiva6.PNG

MODELOS INNOVADORES DE PLANIFICACIÓN E XESTIÓN ADAPTATIVA EN SISTEMAS SOCIO-ECOLÓXICOS

Moitos dos problemas actuais en sistemas de planificación e xestión que interveñen en sistemas socio-ecolóxicos derivan da súa falta de comprensión e integración da complexidade do sistema propiamente dito. A través desta liña téntase explorar a capacidade de innovación a diferentes niveis da sociedade para o desenvolvemento de perspectivas adaptativas en planificación e xestión, que podan respostar ós desafíos derivados de incorporar complexidade e incerteza como elementos na planificación.

[Imaxe: Díaz-Varela et al. 2018 (unpub.) Marco conceptual multiescala para mellorar a comprensión dos sistemas socio-ecolóxicos (representados co modelo conceptual de Ostrom, 2009) e a súa ubicación respecto diferentes niveis no territorio]

Diapositiva5.PNG

ANÁLISE DA COMPLEXIDADE ORGANIZATIVA EN DIRECCIÓN DE PROXECTOS

A aplicación no campo da Dirección de Proxectos de perspectivas integradoras da complexidade en organizacións e sistemas adaptativos complexos considerase necesaria para enfrontar os elementos de complexidade, dinámica e incerteza na dimensión contextual dos proxectos.

[Imaxe: Fernández-Fernández & Díaz-Varela, 2018. Simulación da reorganización da estrutura organizativa nunha empresa tras prescindir dun dos seus membros mediante análise de redes sociales,  a partir dun caso inicial descrito por Nooy, Mrvar & Batagelj, 2005]

Diapositiva3.PNG
Liñas: Publicaciones
bottom of page